Esta receita pasouma a miña filla. E unha receita da zona de Levante. Recomendan que se faga con granadas Mollar, Eu fíxena con elas e están deliciosas pero se non se atopan quedarán tamén estupendas se se fan con granada normal.
INGREDIENTES
- 80 grs de chocolate negro 70%
- 30 grs améndoas naturais tostadas, sin salgar.
- 30 grs de graos de granada
- sal en escamas ( eu usei o sal Maldon )
- 22 cápsulas de papel tamaño 3.5 cm.
PREPARACIÓN
- Derreter o chocolate e reservar pero sen que se enfrie de todo.
- Filetear as améndoas xa tostadas.
- Nun bol mesturar as améndoas cunha terceira parte do chocolate. Comprobar que o chocolate non estea demasiado quente pero que siga liquido.Remexer suavemente. Reservar.
- Noutro bol mesturar o resto do chocolate cos graos da granada, remexer con coidado para que os graos de grnada non solten o líquido. Reservar.
- Colocar en cada cápsula un montonciño da mestura de chocolate e améndoas axudándonos con dúas culleriñas.
- Colocamos enriba dese montonciño outro da mestura de chocolate e granada.
- Esparexemos por riba un par de escamas do sal Maldon, ou no seu defecto dúas areiñas de sal normal.
- Colocamos tódalas cápsulas nunha bandexa e introducimos no frigorífico.
- E , unha vez frías, xa están listas para comer. Retiramos do frigo e deixamos temperar 5 ou10 minutos
Se non tes améndoa tostada, podes tostala no forno 10 minutos a 180 graos.
Teñen que ser améndoas sen salgar.