Tamarillos ( tomates de àrbore ) en almibar


Os tamarillos , ou tomates de árbore son unha froita tropical pero que xa se está empezando a ver pola nosa terra onde, por certo , dase moi ben. Estes tamarillos son da horta de José María , un amigo da miña  filla que  os cultiva na súa casa.

 

E esta é unha receita colombiana.

  • 5 tamarillos
  • unha cunca de panela ( ou azúcre) 250 grs .
  • un pau de canela

PREPARACIÓN

  • Colocamos os tomatillos nun cazo cubertos con auga e poñemos ao lume. cando rompan a ferver contamos 4 min e retiramos do lume.
  • Cun coitelo de punta fina imos pelando pero deixando o rabiño para poder agarrar..
  • Colocamos os tamarillos xa pelados e co rabiño dentro dunha pota  e cubrimos coa  panela ou  o azucre., engadimos o pau de canela e cubrimos lixeiramente con auga. Que non sobrepase o froito. Poñemos a pota ao lume e deixamos que ferva uns 20 minutos.
  • Retiramos a unha fonte e acompañamos  co zume resultante da cocción.

Teñen dentro unhas sementes que tamén se poden comer.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *