Macarróns con salmón


Esta receita pode prepararse con macarróns ou con calquera outro tipo de pasta, de todos os xeitos resulta moi rica e doada de preparar para cando non teñamos moitas gañas de cociñar.

 

INGREDIENTES

  • 2 toros de salmón fresco
  • 1 cebola
  • 100 gr. de champiñóns
  • 1 copa de coñac
  • 1/2 vaso de leite evaporado
  • queixo parmesano ( no meu caso galmesano)
  • sal
  • aceite de oliva virxe extra
  • 200 gr. de macarróns

PREPARACIÓN

  • Cocer os macarróns e reservar
  • Picar finamente a cebola e dorala en dúas culleradas de aceite
  • Engadir os champiñóns o sofritir
  • Engadir o coñac e flamexar
  • Cando se teña evaporado o alcohol do coñac incorporar o leite evaporado e cociñar un pouco
  • Salpimentar
  • Botar o queixo relado na mistura de champiñóns e cebola
  • Botar os macarróns, misturar todo e cociñar dous minutos

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *