Estufado de tenreira ao curry


Este estufado de tenreira está moi saboroso e é moi doado de facer.  Fíxeno con carne de tenreira ecolóxica moi tenra, neste caso usei redondo.

Ingredientes

  • 500 gr de tenreira
  • 30 gr. de panceta
  • 2 porros medianos
  • 2 culleres de postre de fariña de mainzo
  • 1 cullerada de curry
  • Pirixel, tomillo, loureiro, ourego
  • Sal e pementa
  • 2 tazas de auga
  • 1 culler de postre de concentrado de verduras (receita de Thermomix)
  • 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra

Preparación

  • Cartar a carne en tacos e a panceta en tiriñas
  • Lavar e picar o porro
  • Nunha cazola botar dúas culleres de aceite, dourar a carne e reservar
  • No aceite de dourar a carne, pochar o porro
  • Engadir a panceta e dourala un pouco
  • Botar a auga e a culler de concentrado, o pirixel picado, o tomillo, o loureiro e o ourego
  • Baixar o lume e deixar cocer durante unha hora
  • Cando estea a carne, retirar a carne, a panceta e o loureiro, tamén as outras herbas se as botamos frescas
  • Triturar a salsa coa batedora. Engadir a fariña previamente diluida en auga fría e o curry
  • Engadir a carne e cocer todo xunto durante 10 minutos
  • Servir acompañado de arroz, o basmati queda moi ben

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará