Esta receita é de Frabisa. Probei os alfajores por primeira vez cando mos trouxo a miña curmá de Usuhaia. Pareceume algo delicioso e cando descubrín esta receita non dubidei en facelos. Moitas grazas a Frabisa.
INGREDIENTES
- 350 grs de fariña
- 150 grs de maizena
- 2 culleriñas de postre de Royal
- 1 culler de brandy
- 1 culler de reladura de limón
- 200 grs de manteiga
- 150 grs azúcre
- 3 xemas
- 1 culler de postre de extracto de vainilla
- 1 bote de doce de leite
- 100 grs de coco relado
PREPARACIÓN
- Bater a manteiga e o azúcre ate formar unha pasta homoxénea. Engadir as xemas de unha en unha ata integrar ben .
- Incorporar o brandy, a vainilla e o limón.
- Tamizar a fariña, a maizena e a levadura. Incorporar, pouco a pouco e seguir mesturando .Volcar a masa na encimera e formar unha bola , envolver en film transparente e deixar unha media hora dentro do frigorífico.
- Retirar a masa da nevera e deixala temperar unhos 10 minutos. Amasar lixeiramente.
- Prequencer o forno a 175 º , arriba e abaixo.
- Dividir a masa en 2 partes e estirar co rodelo ata lograr medio centímetro de grosor. Facer redondeles duns 5cm cun cortapastas ou un vaso.
- Cubrir a bandexa de forno con papel de enfornar.Colocar as galletas algo separadas e fornear por tandas uns 13 minutos dependendo do forno. Que non collan color.
- Retirar e deixar arrefriar sobre unha rexiña
MONTAXE
Untar unha galleta con abundante doce de leite e poñer outra galleta por riba. Pasar os laterais por coco relado