Garavanzos con grelos


Está é unha receita moi sinxela de elaborar e con moi pouco ingredientes para comer legumbres con máis frecuencia.

 

INGREDIENTES

  • 250 gr. de garavanzos 
  • 200 gr. de grelos ( pódese engadir a cantidade a gusto de cada un)
  • 1 culleriña de pementón doce
  • 1/2 vaso de viño
  • un pouco de tomiño fresco
  • unha culleriña de comiños
  • unha culler de postre de concentrado de verduras 
  • 1/2 cebola
  • 1 vaso de auga

PREPARACIÓN

  • Cocer os grelos ao vapor
  • Cocer os garavanzos na ola rápida durante 20 minutos (poñer previamnente a remollo).
  • Cortar a cebola en anacos pequeniños e dourala durante 10 minutos en dúas culleres de aceite.
  • Engadir o pementón, con cuidado de non queimalo.
  • Engadir o viño e esperar a que se evapore o alcohol.
  • Engadir o tomiño, o comiño, o concentrado e a auga.
  • Deixar que se cociñe durante 10 minutos.
  • Botar os garavanzos e os grelos e misturar todo. Cociñar durante 10 minutos.
  • Botar nunha fonte fonda e servir.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *