Este doce tan típico de Asturias facíase hai moitos anos para os mariñeiros que estaban moito tempo no mar. As mulleres façian a masa e as formas na casa e logo levabanas cocer no forno do pobo. Para non confundilas , cada muller facía a súa forma e así as identificaban facilmente, por iso non son todas iguais.
INGREDENTES
- 500 GRS DE FARIÑA ( mais ou menos )
- 100 GRS DE MANTEIGA A TEMPERATURA AMBIENTE , BLANDIÑA.
- 190 GRS DE AZÚCRE
- 2 OVOS
- 1 PETISCO DE SAL
- 1 LIMÓN ( ZUME E RELADURA)
- 80 ML. ANÍS
- 10 GRS LEVADURA QUÍMICA
PREPARACIÓN
- Misturar azúcre e manteiga nun bol grande. bater ben.
- Engadir os ovos e o sal e seguir remexendo ben.
- Engadir o anís, o zume do limón e a reladura. Mesturar.
- Remexer a levadura coa fariña e integrar co anterior facendo unha masa consistente que poidamos manexar coas mans.
- Dividir en en 16 trozos do mesmo peso e formar as marañuelas.
- Para facer as formas faremos con cada trozo un rulo e o enrolaremos para dar a forma que queiramos. Para as trenzas, necesitaremos , do mesmo trozo, facer tres rulos para poder trenzar,
- Prequencer o forno a 190 grados, arriba e abaixo.
- Colocar sobre papel de forno nunha bandexa . Fornear 18-20 min dependendo do forno.Teñen que quedar blanquiñas por fora e ben cocidas por dentro.
- Retirar do forno e deixar arrefriar sobre unha reixa.
- Gárdanse moito tempo nun bote hermético en lugar seco.
- Están moi ricas por iso non sei exactamente o tempo que se poden gardar porque damos conta delas en pouquiños días.