Galletas de manteiga e fondant


galletas_barbara

Estas galletiñas moi ricas e doadas de facer son unha receita da miña sobriña Bárbara que para isto da repostería ten moi boa man.

INGREDIENTES

250 grs de manteiga branda

250 grs azucre

2 xemas de ovo ( gardaremos as claras para pintar as galletas)

600 grs de fariña

1 chorro de leite ou auga de azahar

opcional : canela, jenjibre, reladura de limón…

PREPARACIÓN

  • Mesturar a manteiga co azucre batendo ben.
  • Engadir as 2 xemas. Gardar as claras para pintar despois.
  • Tamizar a fariña coas epecias. Engadir lentamente ao anterior.
  • Engadir o leite ou azahar. Mesturar coas mans ata facer unha bola, envolver en film transparente e deixar na nevera 1/2 ou unha hora. Se non queres esperar tanto pon no conxelador 20 minutos.
  • Estirar a masa e deixar como a medio cm de grosor. Cun cortapastas facer a forma das galletas.
  • Forno prequencido a 180º Cocer 11 minutos ou ata que estean douradas.
  • Deixar arrefriar sobre unha reixa , pintar coas claras batidas e adornar co fondant.

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *