galletas de avea e fariña integral


 

 

 

 

galletas2

 

Estas galletas foron testadas por auténticos expertos no albergue de Piornedo. Para todos vai dedicada esta receita que Mª Luisa Vizoso, a mellor presentadora de Thermomix, tivo a ben compartir con nós.

INGREDIENTES

100 gr azúcre moreno

100 gr de manteiga ben fría. ( Eu empreguei aceite de coco frío na mesma cantidade).

1 ovo grande

1 cullerada de leite de améndoas, ou a que prefiras (eu  puxen leite desnatado)

150 gr fariña integral

1/2 sobre de levadura en po.

1 belisco de sal

100 grs de copos de avea pequenos e 100 grs de pasas sultanas, 2 culleradas de sésamo ( ou liño , semillas de amapola …)

Unha cullerada pequena de xenxibre relado.

Canela ao gusto.

PREPARACIÓN CON THERMOMIX

  • Poñer no vaso o azúcre e o aceite de coco en trozos. 20 seg./ vel 4
  • Engadir o ovo e o leite. 15 seg /vel 4
  • Baixar o que queda nas paredes do vaso. Engadir a fariña, a levadura e o sal. 10 seg / vel 5
  • Introducir  os copos de avea , as pasas e o sésamo e a canela. 10 seg/ xiro esquerda/ vel 3
  • Prequecer o forno a 180 graos.
  • Damos volta á masa nunha superficie enfariñada.  Mesturamos un pouco coas mans.
  • Collemos montonciños do tamaño dunha noz e imos colocando enriba dunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear, non moi xuntas porque despois temos que aplastalas  enfariñando  un pouco os dedos, e deixándoas ben finas. Canto mois finas queden , mais cruxintes serán.
  • Meter no forno uns 15 minutos  ( sempre controlando porque non todolos fornos son iguais )
  • Retiramos de forno e , con coidado colocamos nunha rella de arrefriar.
  • Gárdanse , unha vez frías,  nunha caixa ben pechada. Consérvanse moi ben.

PREPARACIÓN SEN THERMOMIX.

  • Bater o azúcre e o aceite de coco ata que se mesturen ben. Ir engadindo o resto na mesma orde e amasar coidadosamente.
  • O resto faise igual

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *