Estas galletiñas moi ricas e doadas de facer son unha receita da miña sobriña Bárbara que para isto da repostería ten moi boa man.
INGREDIENTES
250 grs de manteiga branda
250 grs azucre
2 xemas de ovo ( gardaremos as claras para pintar as galletas)
600 grs de fariña
1 chorro de leite ou auga de azahar
opcional : canela, jenjibre, reladura de limón…
PREPARACIÓN
- Mesturar a manteiga co azucre batendo ben.
- Engadir as 2 xemas. Gardar as claras para pintar despois.
- Tamizar a fariña coas epecias. Engadir lentamente ao anterior.
- Engadir o leite ou azahar. Mesturar coas mans ata facer unha bola, envolver en film transparente e deixar na nevera 1/2 ou unha hora. Se non queres esperar tanto pon no conxelador 20 minutos.
- Estirar a masa e deixar como a medio cm de grosor. Cun cortapastas facer a forma das galletas.
- Forno prequencido a 180º Cocer 11 minutos ou ata que estean douradas.
- Deixar arrefriar sobre unha reixa , pintar coas claras batidas e adornar co fondant.