Estas galletas foron testadas por auténticos expertos no albergue de Piornedo. Para todos vai dedicada esta receita que Mª Luisa Vizoso, a mellor presentadora de Thermomix, tivo a ben compartir con nós.
INGREDIENTES
100 gr azúcre moreno
100 gr de manteiga ben fría. ( Eu empreguei aceite de coco frío na mesma cantidade).
1 ovo grande
1 cullerada de leite de améndoas, ou a que prefiras (eu puxen leite desnatado)
150 gr fariña integral
1/2 sobre de levadura en po.
1 belisco de sal
100 grs de copos de avea pequenos e 100 grs de pasas sultanas, 2 culleradas de sésamo ( ou liño , semillas de amapola …)
Unha cullerada pequena de xenxibre relado.
Canela ao gusto.
PREPARACIÓN CON THERMOMIX
- Poñer no vaso o azúcre e o aceite de coco en trozos. 20 seg./ vel 4
- Engadir o ovo e o leite. 15 seg /vel 4
- Baixar o que queda nas paredes do vaso. Engadir a fariña, a levadura e o sal. 10 seg / vel 5
- Introducir os copos de avea , as pasas e o sésamo e a canela. 10 seg/ xiro esquerda/ vel 3
- Prequecer o forno a 180 graos.
- Damos volta á masa nunha superficie enfariñada. Mesturamos un pouco coas mans.
- Collemos montonciños do tamaño dunha noz e imos colocando enriba dunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear, non moi xuntas porque despois temos que aplastalas enfariñando un pouco os dedos, e deixándoas ben finas. Canto mois finas queden , mais cruxintes serán.
- Meter no forno uns 15 minutos ( sempre controlando porque non todolos fornos son iguais )
- Retiramos de forno e , con coidado colocamos nunha rella de arrefriar.
- Gárdanse , unha vez frías, nunha caixa ben pechada. Consérvanse moi ben.
PREPARACIÓN SEN THERMOMIX.
- Bater o azúcre e o aceite de coco ata que se mesturen ben. Ir engadindo o resto na mesma orde e amasar coidadosamente.
- O resto faise igual