Este biscoito foi un descubremento sorprendentemente agradable. Agora témolo como " tarta de cabeceira" porque nos encanta, é fácil de facer e queda preciosa. Ademais os ingredientes son moi normais e non leva moito tempo. Ao día seguinte ( se chega ) ainda está mais rica.
Este feliz descubremento é do libro " Cien recetas económicas de THERMOMIX" e agradecerllo enormemente a Luisa Vizoso, a mellor presentadora que se pode ter.
INGREDIENTES
3 ovos grandes
150 grs azúcre
90 grs aceite de xirasol
100 grs de leite
180 grs fariña
1 sobre de Royal ( ou similar )
1 pizca sal
2-3 mazás peladas, sen sementes e cortadas en láminas
PARA O CROCANTE
1 ovo
100 grs azúcre glas
1 cullerada azúcre vainillado
100 grs de manteiga en trozos a temperatura ambiente
100 100 grs de noces picadas grosas.
PREPARACIÓN EN THERMOMIX
- Colocar a mariposa. Poñer no vaso os ovos e o azúcre e programar 3 min/37º/vel 3.
- Volvemos programar 3 min/vel 3.5 sen temperatura.
- Engadimos o aceite e o leite e mesturamos 3 seg/ vel 3.
- Incorporamos a fariña, a levadura e o sal e programamos 6 seg / vel 3.
- Pintamos con manteiga un molde redondo desmoldable de 30 cm e verquemos a mestura anterior nel.
- Colocamos as mazás por encima cubrindo toda a superficie e forneamos 25-30 min.
PREPARACIÓN DO CROCANTE
- Sen lavar o vaso, colocamos a mariposa, poñemos o ovo, o azúcre glas e o vainillado. Programamos 1min /vel3.5.
- Incorporamos a manteiga e programamos 45 seg /vel 3.5.
- Retiramos a mariposa e engadimos as noces. Mesturar coa espátula.
- Retiramos o biscoito do forno ( cando estea) e extendemos por riba da capa de mazás a mestura das noces que temos no vaso cubrindo ben toda a superficie.
- Volvemos poñer no forno, só con grill uns 10-15 min. mais ou menos ata que quede doradiño.
- Retirar, deixar arrefriar, desmoldar e …